GALICIA É MIGRANTE
GALICIA É MIGRANTE
Fundación Luis Seoane
O 10 de outubro de 1954, emitíase a primeira entrega de Galicia Emigrante, un formato concibido e escrito por Luis Seoane ao redor de Galicia e a súa cultura dirixido á comunidade galega de Bos Aires. Inspirándose naquela emisión, nace Canal Seoane, un proxecto que busca homenaxear aquela iniciativa cultural e recoller dalgunha maneira o seu testemuño, adaptándoo ás circunstancias actuais, marcadas pola aparición dunha nova ola migratoria xurdida das crises económicas de 2008 e 2014 e de fenómenos como a globalización. O proxecto estrutúrase ao redor de dúas propostas diferentes: Galicia é migrante e Testemuñas no tempo. A primeira consta de catro podcasts conducidos por catro comunicadores galegos: o actor e director Quico Cadaval; o escritor, director e actor Lino Braxe; o deseñador Antón Lezcano e o colectivo Porco Bravú. Entrevistas, efemérides, a cultura clásica ou as incursións na linguaxe das novas xeracións de comunicadores galegos, entre outras cuestións, protagonizarán os diferentes episodios deste programa, aberto a futuras colaboracións doutros artistas vinculados á divulgación e á creación cultural. Testemuñas no tempo recolle as reflexións de case unha vintena de novos profesionais galegos que desenvolven a súa actividade laboral fuera de Galicia, unha serie de cinco podcasts dirixida por Alejandro Pan na que os convidados relatan as súas experiencias no estranxeiro durante o recente período de confinamento.
02/07 GALICIA É MIGRANTE - Antón Lezcano - Oliver Laxe (Director cine / Senen Fente Díaz (A nosa casa de Galicia Paris
Na nova entrega de Galicia é migrante, o podcast do Canal Seoane, Antón Lezcano entrevista a Óliver Laxe, director e guionista do filme “O que arde” que obtivo o premio do xurado na sección “un certain regard” do festival de Cannes. Óliver tamén é membro fundador de “Casa Quindós” - casaquindos.org - un proxecto sen ánimo de lucro de carácter cultural e ambientalista que nace nos Ancares lucenses no 2017. O programa continúa coa entrevista ao encargado de “A Nosa Casa de Galicia” en París, Senén Fente Díaz de camiño cara a Lalín, a súa terra natal, e finalmente como xa é habitual, a emisión péchase cunha nova entrega da correspondencia entre Luis Seoane e Isaac Díaz Pardo.
Jun 13, 2022
42 min
02/05 GALICIA.É MIGRANTE. Antón Lezcano. Antonio Botana (Chef. G.Nove)/Nicolás Miño (Cent. Galego Londres)
El quinto episodio de la segunda temporada de Galicia é migrante, el podcast del Canal Seoane, se abre con la entrevista que Antón Lezcano le hace a Antonio Botana, chef del Grupo Nove, que profundiza en la fusión entre la cultura gastronómica gallega y la mexicana. A continuación, en el espacio Luis Seoane en datos intervendrá el Presidente del Centro Galego de Londres, Nicolás Miño. Por último, el episodio finaliza con la tercera entrega de la correspondencia entre Isaac Díaz Pardo y Luis Seoane.
Apr 8, 2022
38 min
02/04 GALICIA E MIGRANTE. Antón Lezcano -Mª Teresa García (Arq Emigración)/Ramiro Bieito (Cent. gallegos Alemania)
Antón Lezcano entrevista a Mª Teresa García Domínguez, técnica de gestión documental en el Arquivo da Emigración Galega al inicio del cuarto episodio de la segunda temporada de Galicia é migrante, el podcast del Canal Seoane. Tras el espacio Luis Seoane en datos, intervendrá Ramiro Bieito Vila, coordinador de las asociaciones y centros gallegos en Alemania. Por último, la segunda entrega de la correspondencia entre Isaac Díaz Pardo y Luis Seoane cerrará este episodio.
Apr 8, 2022
40 min
02/06 GALICIA É MIGRANTE. Antón Lezcano. Especial Ucraina
Na nova entrega de Galicia é migrante, o podcast do Canal Seoane, Antón Lezcano entrevista a Masha Pavlenko, da recentemente creada AGA-Ucraína, primeira asociación galega para a axuda aos refuxiados da guerra en Ucraína. De seguido, neste sexto episodio da serie intervirá Samuel Vázquez Martínez, membro da ONG Infancia de NAD que, xunto á súa familia, acolle desde fai anos unha rapaza ucraína na súa casa. Como xa é habitual, a emisión péchase cunha nova entrega da correspondencia entre Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane.
Apr 8, 2022
45 min
02/03 Galicia é Migrante- Antón Lezcano. Michel Aiji / Carlos Xavier Inst. Santiago Apóstolo Buenos Aires
Tercer episodio da segunda temporada Galicia É Migrante. Comeza a terceira entrega de Antón cruzando o Atántico para entrevistar ao director do Instituto Santiago Apóstolo Carlos Rodríguez Brandeira situado no sector Once do barrio de Balvanera en Buenos Aires. A seguir Seoane en datos e un invitado especial, Michel Aiji, que nos conta a sua historia que se inicia na sua orixe, Costa de Marfil…..O programa remata con a primeira entrega da correspondencia entre Isaac Diaz Pardo e Luis Seoane.
Oct 6, 2021
39 min
02/02 Galicia É Migrante-Especial LucÍa Aldao - Emigración Xenero e Identidade
Primero especial do podcast GALICIA É MIGRANTE de CANAL SEOANE, por Lucía Aldao. Emigración, xénero e identidade. Estas son as tres pezas que combinamos para achegarnos aos diversos perfís dalgunhas persoas migrantes, sabendo que certos termos xamais se axustan a todas as vivencias. Por iso cómpre escoitalas, comprender os seus percorridos, atender a que falan cando falan de pertenza ou de amparo. Emigración, xénero e identidade: un combinado nunca libre de violencias, unha pequena patadiña máis que axude a pechar o caixón do monocultural.
Jul 29, 2021
56 min
02/01Galicia É Migrante - Antón Lezcano. Xesús Fraga
Primera entrega da segunda temporada do pod ast GALICIA É MIGRANTE de CANAL SEOANE, por Antón Lezcano. Nela, recóllese unha entrevista co xornalista e escritor Xesús Fraga na que abrangue os temas intanxibles e da esfera emocional sobre a migración. E unha sinopse do que supón o traballo da Fundación Luis Seoane a través do Laboratorio Reinicio no que se pesquisa sobre as liñas do arquivo persoal e da construcción da identidade con persoas migrantes de diferentes lugares.
Jul 12, 2021
38 min
01 Galicia É Migrante - Lino Braxe
Galicia emigrante Interpretación del programa Galicia Emigrante por parte do creador Lino Braxe Entrevista Serxio Mexia, Rita Gasalla, Lucia Aldao... Testemuñas no tempo: O Mundo Anglosaxón
Oct 19, 2020
1 hr 12 min
03 Galicia É Migrante - Porco Bravu
Interpretación del programa Galicia Emigrante por parte dos creadores audovisuais Oscar Cruz y Jorge Boquete (Porco Bravú) Entrevistas: Adelaida Pittaluga, Adrian Coira Voz Luis Seoane: Xose Manuel Esperante Testemuñas no Tempo: Lusofonía
Oct 19, 2020
1 hr 14 min
02 Galicia É Migrante - Antón Lezcano
Interpretación del programa Galicia Emigrante por parte do locutor e diseñador Anton Lezcano. Entrevista a Xoel López Testemuñas no tempo: América do Norte
Oct 19, 2020
1 hr 18 min
Load more