Show notes
Primero especial do podcast GALICIA É MIGRANTE de CANAL SEOANE, por Lucía Aldao. Emigración, xénero e identidade. Estas son as tres pezas que combinamos para achegarnos aos diversos perfís dalgunhas persoas migrantes, sabendo que certos termos xamais se axustan a todas as vivencias. Por iso cómpre escoitalas, comprender os seus percorridos, atender a que falan cando falan de pertenza ou de amparo. Emigración, xénero e identidade: un combinado nunca libre de violencias, unha pequena patadiña máis que axude a pechar o caixón do monocultural.

