Habitando
Habitando
Arquitectura Sen Fronteiras Galicia
Ep.20: Proxectos de Urbanismo e Participación Cidadá
1 hour 27 minutes Posted Dec 29, 2017 at 7:56 pm.
0:00
1:27:30
Download MP3
Show notes
Foi un intenso último trimestre do ano na Coruña. Multitude de iniciativas de diferentes organizacións coincidentes no tempo. Moitas delas financiadas polo concello coruñeses a través do  Co-Lab. Defínese a si mesmo como laboratorio cidadán, un espazo aberto no que persoas e colectivos de toda a cidade, con distintas capacidades, visións e coñecementos, deseñan e desenvolven xuntas accións para a mellora da súa contorna.
Neste episodio achegámonos a tres desas iniciativas directamente dirixidas á participación cidadá na transformación dos espazos que vivimos: Oasis Montealto, participAGRA e Co urbanismo nos talóns. Tres entrevistas nas que nos explican os seus obxectivos, metodoloxías e resultados.
Créditos: Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.
- A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
- Rexurdir, Trapallada, álbum Alenta o mar