
Artigo9tech é un grupo de investigación que ten creado unha rede de profesorado das tres universidades e a sociedade civil de Galicia, co obxectivo de fomentar a colaboración e iniciativas que teñan que ver con tecnoloxía aplicada a proxectos de cooperación. Dende 2021 desenvolve xunto a Enxeñería Sen Fronteiras un proxecto para o fomento das tecnoloxías para o ben común en todas as escolas técnicas universitarias galegas. Na súa segunda fase, 2023-2024, Arquitectura Sen Fronteiras unímonos ao proxecto.
Falamos neste episodio con Acacia Naves e Sergio Fernández, responsables para o proxecto de Artigo9Tech e ESF respectivamente, do que son as tecnoloxías para o ben común, de como xurdiu a colaboración entre elas, da situación das tecnoloxías para o ben común no ámbito universitario e do que estamos a desenvolver no proxecto.
Créditos: Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.
- A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
Dec 28, 2023
1 hr 4 min

Hoxe 3 de decembro celébrase o Día Mundial das Persoas con Discapacidade. Nós queremos celebralo falando de atención á diversidade con Sonia Seijas.
Sonia traballa dende o seu inicio, hai xa 19 anos, na Unidade de Atención á Diversidade da Universidade da Coruña, na que ten establecido unha rede de traballo con persoas das distintas facultades e escolas para estar presentes en todos os centros. Traballan na inclusión, na formación, orientación e difusión da realidade de persoas con discapacidade ou necesidades específicas de apoio educativo (NEAE). Os inicios, como se organizan, os problemas, resistencias e aliadas que atopan, as aspiracións de futuro e moito máis nunha conversa que se nos fixo moi curta.
Contacto:
- Web: https://www.udc.es/es/cufie/ADI/
- Enderezo: Edificio Xoana Capdevielle, Campus de Elviña, s/n, 15071 A Coruña
- Email: [email protected]
- Teléfonos: 881 015 622 / 881 015 623
Créditos: Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.
- A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
Dec 3, 2023
1 hr

Desde 2020 Farmamundi desenvolve xunto á Universidade de Santiago de Compostela un proxecto de Educación para a Cidadanía Global en Santiago, un proxecto que xa está na súa fase catro. Traballa diferentes aspectos do Dereito á Saúde entendéndoo desde unha perspectiva holística, e coa colaboración de varios graos e mestrado da USC que aplicaa a aprendizaxe-servizo como metodoloxía pedagóxica.
Para falar del, das súas actividades, do que son os activos de saúde, problemas atopados e logros acadados contamos hoxe con María Gento. María é a coordinadora de Farmamundi en Galicia e Asturias, e responsable da xestión e execución do proxecto.
Créditos: Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.
- A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
Nov 10, 2023
50 min

Para este Habitando 41, o último de 2022, tivemos a honra de contar con Julián Salas. Julián ten a Cátedra UNESCO de Habitabilidad Básica da ETSAM. É todo un referente neste eido a nivel mundial. Achegouse á Coruña para impartir na Escola de Arquitectura a lección Construindo con recursos escasos. Contra a fame de vivenda en África, así que aproveitamos para charlar con el de toda unha vida dedicada á Habitabilidade Básica.
O seu curriculum é extensísimo, mais para moitos e moitas de Arquitectura Sen Fronteiras é o referente, a persoa que primeiro se nos vén á cabeza, ao pensar en Habitabilidade Básica. Non só polos seus coñecementos, senón tamén pola súa proximidade, a súa predisposición para compartir todo ese coñecemento e experiencia acumulada ao longo dos anos, sobre todo no posgrao do ICHaB polo que moitos e moitas integrantes de ASF pasaron.
Créditos: Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.
- A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
Nov 27, 2022
58 min

Contamos neste episodio con Cristina Botana, que ven de publicar, o ano pasado, a súa tese doutoral Os asentamentos precarios en Galicia: dende os conxuntos autoconstruidos ata a infravivenda de produción institucional como expresións do urbanismo segregativo.
Cristina é arquitecta e durante moitos anos compañeira nosa como voluntaria en varios grupos de traballo de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia, especialmente no de Cooperación Local onde estivo en contacto directo coas persoas que viven nos asentamentos precarios coruñeses.
Contounos que son os asentamentos precarios e as súas diferencias con outras formas de infravivenda. Preguntámoslle polo proceso de elaboración dunha tese nestes contextos. Sobre os relatos que soemos escoitar e as historias de vida que se atopou. Sobre os problemas de validación destas fontes orais pola academia. Sobre as diferencias entre os asentamentos espontáneos e os promovidos polas institucións públicas, e o non recoñecemento destas prácticas nin as consecuencias na situación actual. E moitas cousas máis.
Créditos: Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.
- A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
Oct 2, 2022
1 hr 1 min

Falamos novamente de Cartografías Sociais explorando o seu valor como soporte de Narrativas Dixitais. E o facemos a través das experiencias de Ruth Sousa, xestora cultural integrante da Cooperativa Almeiro e Ben Curiosa, e Nuria García, terapeuta ocupacional do Hospital de día de Psiquiatría de Ferrol. Compartiron connosco o seu achegamento e posta en práctica desta ferramenta en varios proxectos, facilitados por Ruth e desenvolvidos por Nuria e outras persoas.
Créditos: Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.
- A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
Jul 22, 2022
1 hr

Varias persoas do grupo de Educación de ASF levamos tempo seguindo e aprendendo da traxectoria profesional de Jorge Raedó. Do seu Zaragoza natal ata Colombia onde actualmente reside, pasando por Barcelona e Finlandia entre outros sitios. Nunha choiva de ideas para describilo xurdiron as palabras curiosidade, xenerosidade, interconexión, actividade, creatividade, amabilidade, transparencia, traballo, transformación… e REDEIRO.
Un pracer que se achegase por habitando para contarnos cada nó cos que foi tecendo esa rede que une persoas, artes, arquitectura, educación e infancia.
Créditos: Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.
- A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
Nov 19, 2021
1 hr 5 min

Hoxe temos connosco a Iago Carro, integrante de Ergosfera dende a súa fundación. Ergosfera naceu en 2006 como asociación de estudantes de arquitectura. Tras varias fases neste momento é unha cooperativa que traballa en propostas urbanísticas e no estudo das formas de uso e urbanización do territorio contemporáneo.
A súa perspectiva alónxase da practica tradicional da arquitectura e o urbanismo pola súa mirada crítica, sempre presente e que lles caracteriza. Poñen en dúbida o existente, fomentan o diálogo e o debate con todos os axentes implicados nos contextos concretos. Entre eses axentes está por suposto a veciñanza.
Chamamos a Iago para falar de urbanismo participativo dende a súa experiencia, dos xeitos que temos todos e todas de participar na planificación da cidade.
Créditos: Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.
- A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
Oct 19, 2021
1 hr

O pasado 30 de abril inaugurouse no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela unha exposición conmemorativa do vixésimo aniversario do Proxecto Terra. Unha mostra que comprende máis de 35 proxectos elaborados en diversos centros educativos galegos ao longo destes 20 anos. Trátase dunha homenaxe a todo o traballo do profesorado e alumnado participante, que puido acceder aos contidos ofertados polo ProxectoTERRA e facelos seus desenvolvendo enxeñosos proxectos innovadores.
Para conocer qué é o Proxecto Terra e a súa labor falamos con Sabela e Lucía, dúas compañeiras de Arquitectura Sen Fronteiras que forman parte do equipo que o coordina dende que en 2018 ASF fíxose cargo da súa xestión.
Durante a entrevista escoitaremos tamén audios de varios traballos en vídeo realizados por alumnado e profesorado de diversos centros, e que forman parte do audiovisual que acompaña a exposición. Por orden de aparición:
- CEIP Illas Cíes de Vigo: O rap das Illas Cíes
- IES Alexandre Bóveda de Vigo: Roteiro por Coia
- IES Felix Muriel de Rianxo: A memoria do monte
- IES Praia Bárraña de Boiro: Desenvolvemento sostible tradicional en Boiro
- IES Terra de Trasancos de Narón: A mansión dos Pampín
- IES Nº 1 de A Estrada: Ofrenda a Rosalía de Castro
Créditos: A sintonía de Habitando distribúese no momento da súa publicación baixo licenza Creative Commons.
- A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
Sep 9, 2021
50 min

Estamos de aniversario. A iniciativa dun grupo de estudantes de arquitectura, o 3 de novembro de 1995 quedou legalmente constituida Arquitectura Sen Fronteiras Galicia. Arquitectos Sen Fronteiras daquela, que o cambio de nome chegaría máis adiante.
Literalmente manifestaban:
Esta asociación gallega surge desde la Escuela de Arquitectura de A Coruña entre estudiantes y jóvenes arquitectos, por la inquietud de dar respuesta a las necesidades de carácter técnico que aparecen en las zonas marginales y de escasos recursos, dando salida de forma diferente a los conocimientos adquiridos en la carrera.
Unha conversa con protagonistas de antes e agora recordando a traxectoria que nos trouxo ata aquí.
Créditos:Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.
- A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
Dec 29, 2020
1 hr 16 min
Load more
