Show notes
No grupo de Educación para o Desenvolvemento de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia estamos a traballar dende o mes de agosto nun novo proxecto financiado pola Xunta de Galicia e a Cooperación Galega. En consorcio coa Universidade da Coruña e baixo o título “Proxecto de difusión do dereito ao hábitat, con especial incidencia en modelos de gobernanza participativos, a través da sensibilización e a educación non formal de axentes multiplicadores clave e alumnado de secundaria, na cidade da Coruña” resultou o 2º mellor valorado de todos os presentados.Iniciamos a terceira tempada de Habitando explicando este e o resto de proxectos que desenvolveremos ao longo deste curso. Falamos dos seus obxectivos, resultados esperados e actividades a realizar. Tan só unha rápida pincelada porque de seguro falarémosvos segundo se vaian desenvolvendo.Créditos:Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.- A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II- Ao teu redor, Projecto Mourente, álbum A Pior

