Show notes
Benvidos e benvidas á 2ª tempada de Habitando!Para comezar, adicamos o episodio ao acontecido no pasado ArCaDia 4, un congreso que dende 2010 celébrase en España sobre arquitectura e cooperación ao desenvolvemento. Sevilla, As Palmas de Gran Canaria, Madrid e a presente edición recentemente celebrada na Coruña os días 29 e 30 de setembro.O tema desta cuarta edición centrouse no aspecto social do hábitat. Nas súas propias palabras:"na relación complexa da sociedade humana co seu hábitat. Búscase poñer no centro do proceso de configuración, transformación e consolidación do hábitat á persoa e, como consecuencia, á comunidade á que pertence. Fronte á vivenda como produto e mercadoría, entendela como un proceso no que participan os seus futuros habitantes nas súas diferentes fases. Fronte á evolución acelerada da urbanización baseada en cuestións económicas, que está a xerar segregación e desigualdade, entender o urbano como un dereito. Fronte ao sistema patriarcal, a posición da muller como activa impulsora, creadora e xestora do hábitat, dende o básico ata o social. Fronte a sistemas impostos ou con pouca marxe de intervención, a participación cidadá como posibilidade para construír a sociedade."Parabéns ao comité organizador, un grupo de profesores e profesoras da Escola de Arquitectura da Coruña: Eduardo Caridad, Amparo Casares, Emma López Bahut e Antonio S. Río Vázquez. Gran traballo!Doutra banda, Alberto e Juan achegáronse ás pasadas Xornadas de Podcasting celebradas en Málaga do 10 ao 16 de outubro. Días para compartir experiencias con outros podcasters e oíntes, e co protagonismo de Habitando durante a gala de entrega dos VII Premios Asociación Podcast como finalista da categoría Mellor Podcast Revelación.Créditos:Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.- A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II- Moon Almost Full, Stormy Mondays, álbum The Lay of the Land

