Habitando
Habitando
Arquitectura Sen Fronteiras Galicia
Ep.10: No IV Seminario Hábitat a Escala Humana
1 hour 1 minutes Posted Jun 24, 2016 at 1:03 am.
0:00
1:01:58
Download MP3
Show notes
Durante o pasado mes de maio celebramos a cuarta edición do Seminario Hábitat a Escala Humana baixo o título TOMA PARTE! Reflexións e propostas sobre a participación no contexto post 15M. Tres sesións adicadas a primeira á participación dende un punto de vista máis teórico, a segunda para achegar experiencias de participación en contornas urbanas e rurais, e a tercera foi una mesa redonda na que participaron diversos colectivos e institución locais.
Adicamos este último episodio da tempada ao seminario, cunha pequena mostra de cada unha das conferencias que podedes atopar completas e en vídeo na nosa canle de youtube.
Collemos vacacións no falangullo. Arquitectura Sen Fronteiras seguirá a traballar durante o verán, mais en Habitando descansaremos os meses de xullo e agosto. Voltaremos de novo o último venres de setembro. Que teñades un magnífico verán.
MOITAS GRAZAS POR ESCOITARNOS!
Créditos:
Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.
- A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
- Non é o final, é o principio, The Homens, álbum Cuarta Potencia