
Rober e Clara traen os "Consellos Zeta" de diferentes convidados e convidadas que foron pasando polo programa. Sara Donoso falará coa artista Lúa Gándara e Sica Romero coa editora Andrea Fajardo. O toque musical vén da man de Celia Eiras, que fará un repaso da súa sección ao longo da tempada.
Jun 21, 2024
1 hr 1 min

Rober e Clara falan con Borja Varela Charlín, disc-jóckey galego de música techno que está a triunfar en Alemaña. Jesús Silva fai un repaso de todo o que nos trouxo a tempada do Zeta no ámbito audiovisual e Ana Abad de Larriva tráenos a peza desenvolvida na edición do Proxecto NÓS/NOUS deste ano: 'Na hora dos cans'.
Jun 14, 2024
47 min

Rober e Clara falan con Iván Freire e Omar Ismail, impulsores do festival de música electrónica MeirasLand; e mais con David Gesteira, creador do podcast de divulgación histórica 'Descifrando a historia'. Sara Donoso trae á muralista Lidia Cao, mentres que Ana Abad de Larriva vén coa bailarina viguesa de danzas urbanas Iria Waowqueen.
Jun 7, 2024
58 min

Rober e Clara falarán con Marta Fernández, creadora de contido arredor de mitos, lendas e ritos galegos, e mais con responsables do proxecto 'Silleda, a walk through heritage', un dos gañadores do Young European Heritage Makers para resaltar o valor do patrimonio cultural. Sica Romero traénos ás escritoras zeta Amalia Blanco e María Maronho e Jesús Silva aos directores de 'Da túa man para a miña', Fran Rodríguez e Coral Piñeiro.
May 17, 2024
1 hr 2 min

Con Sara Donoso coñecemos o labor da Asociación Cultural Kentada. Jesús Silva tráenos as claves de 'As Neves' antes da súa estrea en salas a través da voz das súas protagonistas. Ademais, facemos un repaso de festivais ben completos (e económicos) para os vindeiros meses.
May 3, 2024
1 hr 2 min

Paula e Roberto falarán con Pablo Ozores, un artista multidisciplinar centrado na pintura. Jesús Silva tráenos parte do equipo de 'Os espazos en branco' que vén de levar un Mestre Mateo. Celia Eiras dá o toque musical con Tu futura ex-mujer.
Apr 27, 2024
50 min

Paula e Roberto falarán con Miguel e Nil, da organización do festival Cine Barato en Compostela. Ana Abad de Larriva, pola súa banda, tráenos a Laura Merchán ou 'Nenaza'. Sica Romero convida á escritora Bea Gregores.
Apr 26, 2024
47 min

Falan as súas organizadoras: Elena Fernández e Teresa Villamor. Ademais, os nosos colaboradores Jesús Silva e Sara Donoso tráennos, respectivamente, os directores de 'Corre o vento' e o proxecto 'Vivir nunha curva'.
Mar 2, 2024
52 min

Paula Cantelar e Roberto González seguen coa teima de aprender cousas. Hoxe queren saber como se fai unha curta de animación con Mario Fernández Filloy, nominado aos Mestre Mateo. Celia Eiras tráenos ao grupo Ulex e Ana Abad de Larriva falaranos da Commedia dell'Arte.
Feb 24, 2024
47 min

Se queriades máis talento, aquí tedes. Martín Núñez vén demostrarnos que, poñan o que lle poñan, el fai o que mellor sabe facer: pintar. Temos a sorte tamén de poder traer a Lidia Veiga, que fantasía!. Pechamos por todo o alto coa marabillosa escritora e tradutora Tamara Andrés.
Feb 17, 2024
1 hr
Load more
