
Roberto Pascual valora unha produción da compañía A Feroz. ‘Do pracer e da morte’ é a súa particular visión da praga da peste que asolagou Europa na Idade Media.
Sep 20, 2021
9 min

‘Terceiro acto’, a obra do Centro Dramático Galego, é motivo de comentario do noso colaborador en artes escénicas Roberto Pascual.
Sep 20, 2021
8 min

Roberto Pascual fai mención da estrea de ‘Soga e Cinsa: Tríptico teatral para 11 bruxas en 101 minutos’, da compañía Aporía Escénica. “Unha peza moi ben documentada sobre a persecución a moitas mulleres acusadas de bruxería. Un espectáculo para gozar das imaxes, do espazo sonoro, e da reflexión sobre a sensibilidade e intelixencia de moitas mulleres sobre remedios naturais”.
Sep 20, 2021
4 min

No aniversario do decreto do estado de alarma pola COVID, ButacaZero estrea 32m2. Coméntanolo Roberto Pascual: “Espectáculo oportuno ou oportunista? Unha concesión popular ou unha ollada mordaz sobre o que o confinamento puxo de relevo sobre as desigualdades? Esther Carrodeguas crea un texto ao que lle senta moi ben o traballo musical de Rodrigo Cuevas ou o deseño de Beatriz de Vega”.
Sep 20, 2021
8 min

Roberto Pascual fálanos do texto teatral ‘As mil vidas de Dorotea‘, escrito por Lorena Conde para público infantil e xuvenil. Un libro editado por Cuarto de inverno e con ilustracións de María Brenn.
Sep 20, 2021
7 min

ArtesaCia estrea en Tui o seu espectáculo, 'Illas desertas', unha obra transmedia sobre o fracaso e a necesidade de afrontar o inútil con música e cinema en directo. Un comentario do noso colaborador Roberto Pascual.
Sep 20, 2021
7 min

Fernando Castro Paredes, asturiano residente en Cee, deuse a coñecer nos últimos anos no ámbito da dramaturxia gañando os Premios Rafael Dieste ou o I Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño para público adolescente. Pero Fernando Castro xa tiña navegado no teatro no ámbito do teatro escolar e afeccionado. Agora falamos das súas últimas pezas premiadas e editadas, 'Amorodo Agre' (Deputación da Coruña) e 'A derradeira bala' (Editorial Galaxia). Dous estilos moi diferentes, dous tons opostos, dúas mostras da versatilidade dun autor que sabe moverse da comedia farsesca e absurda ao drama social con profundidade simbolista e cáustico. Un comentario de Roberto Pascual.
Sep 20, 2021
8 min

Roberto Pascual fálanos de José Luis Baós de Cos, dramaturgo, premio Abrente da MIT en 2019 e premio Roberto Vidal Bolaño en 2020 coa obra ‘A Cámara Escura’.
Sep 20, 2021
9 min

Roberto Pascual dedica o seu comentario teatral á obra ‘SÓS‘, da compañía Malasombra, unha reflexión sobre a soidade non desexada na última etapa da vida.
Sep 20, 2021
7 min

‘#2 Pilgrims’ é o novo espectáculo de Redrum Teatro que levará a Sheyla Fariña e a Guillermo Carbajo por diferentes vilas galegas. O propósito? Pois chegar a Santiago, claro, pero tamén reflexionar sobre o Camiño, a igualdade e as novas masculinidades. Cóntanos máis o noso colaborador Roberto Pascual.
Sep 17, 2021
8 min
Load more
