Tá-se bem na rádio
Tá-se bem na rádio
Unknown
"Tá-se bem na rádio" (ou, se queres,"Estase bem na radio") xa o dician os Kussondulola todas as tardes desde O Xabarín Club da TVG. E nós, que tamén estamos ben na radio, falaramos durante unha hora de medios de comunicación e as súas historias desde a radio de toda a vida. Seguiremos a actualidade dos programas e series que nos gustan e tamén analizaremos as estreas e as audiencias. E, por certo, aquí tamén falamos de Eurovision.   Acompáñanos nas nosas redes sociais: Twitter: https://twitter.com/tasebemnaradio Facebook: https://www.facebook.com/tasebemnaradio Escoita en Ivoox: https://www.ivoox.com/podcast-ta-se-bem-na-radio_sq_f1799412_1.html  Precisas contactar con nós? Queres colaborar conosco? Podemos falar en [email protected] :)  
1x17 Campaña e fin.
Chegamos ao último programa da temporada (probablemente). Neste programa falamos da cobertura das eleccións galegas que farán os nosos medios públicos. Repasamos as novidades de eurovision que volve a estar de actualidade e facemos análise de dos datos que nos deixa este confinamente no mundo televisivo. Grazas por escoitarnos durante esta temporada!
Jun 23, 2020
1 min
1x16 Tá-se bem na rádio - Off the record
No décimo sexto programa da temporada falamos da polémica filtración ao diario conservador ABC dun video da ministra española Irene Montero e que pinta a TVG en todo isto. Falamos tamén do despacho do director da CRTVG e dos cambios que vai facer TVE na súa progrmación de cara á nova temporada. Detémonos tamén no último drama de Negr* e comentamos as nominacións aos Baftas. Este é probablemente o penúltimo programa da temporada así que 16 grazas por escoitarnos :D
Jun 9, 2020
1 min
1x15  Tá-se bem na rádio - Estes últimos meses
No programa de hoxe repasamos todo o que pasou nas últimas semanas e que non puidemos comentar quer por non haber TBNR quer por estar felizmente ocupados con Eurovision. Falamos de: manipulación na CRTVG, programas da TVG de suposto humor que ofenden aos veterinarios, Masterchef e demais programas da tele Estatal.
May 26, 2020
1 min
1x14  Tá-se bem na rádio - Especial Eurovision 3: A Grande Final
Chegou o día, chegou a romería. Celebramos a grande final de Eurovision 2020 porque non queremos quedar sen o noso gañador deste ano. Analizamos as cancións do Big Five e do país anfitrión: UK, Alemaña. Francia, España, Italia e Países Baixos. Nesta grande final estaba: Islandia, Italia, Suíz,a Portugal, Reino Unido, Francia, Paises Baixos, Bélxica, Lituania, Suecia, Alemaña, Rusia, Ucrania, Serbia, España, Bulgaria, Noruega, Acerbaixan, Dinamarc,a Irlanda, Malta, Albania, Grecia, Letonia, Polonia, Romania.  Para saber o gañador terás que agardar até o final :P Viva Eurovision!
May 19, 2020
1 min
1x13  Tá-se bem na rádio - Especial Eurovision 2
Neste programa especial celebramos a nosa particular semifinal 2 de Eurovision 2020 comentando as canción e revelando os nosos votos. No programa comentamos as cancións de: Islandia, Suíza, Portugal, Serbia, Bulgaria, Albania, Dinamarca, Letonia, Grecia Finlandia, República Checa, Xeorxia, Austria, Armenia, Estonia, Moldavia, Polonia e San Marino. Cales serán as 10 que pasan á final? :D
May 12, 2020
1 min
1x12  Tá-se bem na rádio - Especial Eurovision 1
Estamos en maio e iso significa EUROVISION! Neste programa celebramos a semifinal 1 de Eurovision 2020. Comentamos as cancións e votamos. Ao final, quedan 10 gañadoras que pasan á final. No seguinte programa, a segunda semifinal :) Nesta semifinal: Lituania, Belxica, Ucrania, Suecia, Noruega, Rusia, Malta, Irlanda, Acerbaixan, Romania, Belorusia, Croacia, Australia, Macedonia do Norte, Eslovenia * e Israel.  *Desculpas a Eslovenia que, por un problema técnico, non puidemos ouvir a súa canción.
May 5, 2020
1 min
1x11 Tá-se bem na rádio
Programa número 11 e primeiro programa en directo e confinado con cada un e unha na súa casiña. Xuntámonos online para falar de: - Series que odiamos. - Eurovision :) Grazas por escoitar o programa!
Apr 21, 2020
1 min
1x10 Tá-se bem na rádio
Décimo programa no que falamos dos seguintes temas: - Actualidade: audiencias mensuais, axudas aos medios en campaña electoral.. - Repasamos a gala dos Mestre Mateo - Falamos do Festival da Canção.
Mar 10, 2020
1 min
1x9 Tá-se bem na rádio
No 9 programa da temporada, que caeu en martes de entroido (toda a cidade de festa e nós na radio :), falamos dos seguintes temas: - Na sección de actualidade, Tá-se bem informado: a BBC e o que queren facer con ela, a morte de Caroline Flack, acoso a unha xornalista e a cobertura electoral para o 5A entre outras cousas. - TVE e Operación Triunfo e a polémica coas touradas. - Analizamos como foi a primeira semifinal do Festival da Canção. - Actualidade eurovisiva: comentamos algunhas das cancións participates no ESC2020.
Feb 25, 2020
1 min
1x8 Tá-se bem na rádio
Oitavo programa da temporada na semana da radio, do Día Mundial da Radio. No programa comentamos os seguintes temas: - As capas historicas dos xornais no día do Brexit. - Cárdenas e o polémico sorteo da súa casa. - Sanremo! Comentamos a canción gañadora e outras das participantes no festiva. - Falamos con Nuno da ESCPortugal sobre o Festival da Canção. - Repasamos todas as cancións que xa temos para Eurovision 2020. Grazas por escoitarnos! :)
Feb 11, 2020
1 min
Load more