
T04 E10 LA HISTORIA DEL SR. SOMMER (Audiolibro - Adrián Esperón) (15/03/24)
Este audiolibro contén unha narración completa de "La historia del señor Sommer" de Patrick Süskind, traducida ao español por Ana María de la Fuente.
É unha novela curta de 1991 que explora, como en "El principito", o tema da imaxinación infantil. A figura misteriosa do señor Sommer, serve de excusa ao narrador (que se distrae con facilidade) para levarnos a través da súa infancia, xunto con todos os seus pensamentos e preocupacións. É un relato entretido e cautivador.
Süskind é un autor moi particular, que leva una vida illada de toda atención mediática e que publicou unha soa novela longa: "El perfume", un clásico contemporáneo. As súas escasas obras son de gran calidade literaria e nelas sempre podemos ver a mente dos protagonistas, que soen ter un carácter obsesivo, por razóns moi variadas.
Locución: Adrián Esperón
Mar 15, 2024
1 hr 39 min

T04 E09 CLUB DE LECTURA (Presentación) (14/03/24)
Club de lectura do CSMVigo é unha colaboración entre a Biblioteca e Radio Triskel. Nesta primeira entrega, falaremos da Historia del Sr. Sommer, de Patrick Süskind, a través dun audiolibro gravado por Adrián Esperón. A reunión do club será o mércores 3 de abril en dúas quendas:
12.30h e 20.30h.
Presenta: Rosa Gayoso
Mar 14, 2024
1 min

T04 E08 DISONANCIA MUSICOCOGNITIVA (Ep.1) (Álvaro López) (12/03/24)
Nesta primeira edición trátase o problema do medo escénico. Atoparemos unha pequena descrición deste, testemuñas de xente que o padeceu e uns cantos consellos xerais para aplacalo.
Presenta: Álvaro López Franco
Mar 12, 2024
8 min

T04 E07 ENTREVISTAMUS (Ep.1 Rafa Yebra) (Miguel Bargiela) (07/03/24)
Neste primeiro episodio entrevistaremos ao catedrático de saxofón do Conservatorio Superior de Música de Vigo, Rafael Yebra. Ao longo da conversación, compartíronse anécdotas, consellos e como chegou a ser profesor. Espero que disfrutedes da entrevista!!
Presenta: Miguel Bargiela
Mar 7, 2024
28 min

T04 E06 DISONANCIA MUSICOCOGNITIVA (Trailer) (Álvaro López) (06/03/24)
Disonancia musicocognitiva consiste nun podcast de divulgación sobre as trabas
mentais que poden sufrir os músicos ao desempeñar o seu traballo. Nel recóllese
unha pequena descrición dos problemas, testemuñas de xente e consellos para
superalos.
Mar 6, 2024
1 min

T04 E05 ENTREVISTAMUS (Trailer) (Miguel Bargiela) (04/03/24)
O podcast baséase en entrevistas con diferentes saxofonistas. Durante estas conversacións, explóranse unha variedade de temas que inclúen as orixes musicais; descubrir como cada saxofonista descubriu o seu amor pola música e como se involucraron co saxofón en particular. Exploraremos as experiencias persoais dos músicos. Isto pode incluír desafíos superados, momentos significativos nas súas carreiras, e anécdotas especiais sobre o seu desenvolvemento como músicos. Descubriremos o estilo e enfoque musical destes músicos, as súas influencias, como desenvolveron o seu propio son e enfoque interpretativo, así como os seus métodos. Por último, consellos e reflexións para novos músicos, anécdotas divertidas ou reflexións sobre a música, o instrumento e a industria musical en xeral.
Mar 4, 2024
25 sec

T04 E04 CINESONIDOS (Ep.1) (Ángel González) (01/03/24)
Neste primeiro capítulo, exploraremos a importancia da música no cine, destacando o seu papel como narrador emocional. Tamén nos sumerxiremos no proceso compositivo dalgúns compositores icónicos subraiando a influencia perdurable das suas obras mestras.
Mar 1, 2024
5 min

T04 E03 AUDIOGUÍA (Ep.1) (Celia González) (26/02/24)
Neste primeiro episodio antes de descubrir os espazos do noso centro facemos un pequeno repaso da historia do noso Conservatorio, a súa oferta académica e de proxectos como o Plan Erasmus. Tamén contamos coa colaboración da primeira catedrática de piano de Galicia, Josefa Estarque.
Feb 27, 2024
35 min

T04 E02 CINESONIDOS (Trailer) (Ángel González) (22/02/24)
Explora a maxia do cine en tres episodios. Inicia cos compositores mais icónicos e a sua influencia ao largo do tempo. Logo, viaxa dende os inicios do cine mudo ata a actualidade, observando a evolución da música cinematográfica. Finalmente, sumérxete no universo musical de Star Wars, desentrañando os seus leitmotivs e o seu impacto duradeiro na banda sonora cinematográfica. Desfruta desta viaxe sonora a través da gran pantalla!
Feb 22, 2024
47 sec

T04 E01 AUDIOGUÍA (Trailer) (Celia González) (20/02/24)
Benvidas e benvidos a Audioguía do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Queredes chegar o Auditorio Martín Codax ou a Biblioteca ? Dende cando está o Conservatorio no Castro? Se queres as respostas a estas preguntas ou descubrir curiosidades sobre o pasado do noso Conservatorio invitámoste a escoitar este podcast.
Feb 20, 2024
37 sec
Load more
