PodHéroes
PodHéroes
Denís Iglesias
O Documental Héroes narra o ascenso do CD Lugo a Segunda División. É un proxecto feito por tres afeccionados do club albivermello: Borja García, Xabi Piñeiro e Denís Iglesias. Este podcast, #PodHéroes, nace para reproducir de xeito íntegro as conversas que mantivemos con algunhas das persoas entrevistados.
Notas de voz | 1x01 Neyder, selección | LUGOSLAVIA
Notas de voz é un podcast de pequenos fragmentos sonoros sobre a actualidade do CD Lugo. Está elaborado por www.lugoslavia.gal, proxecto editorial sen ánimo de lucro nacido en 2015, feito por seareiros do equipo albivermello. Neste primeiro capítulo falamos de Neyder Lozano, a gran fichaxe do mercado de verán dun equipo que, malia os 11 anos en #LigaSmartBank, segue a ser o último da fila en orzamentos e límite salarial.
Aug 10, 2022
8 min
PodHéroes. 1x06 Especial 8 Aniversario do ascenso
Nesta sexta entrega, Rubén F. Dorado, xornalista de Lugoslavia, lembra con Borja García e Denís Iglesias, dous dos autores do Documental Héroes xunto Xabi Piñeiro, a gravación deste proxecto. Faino cando se cumpren oito anos do máxico ascenso no Carranza.
Jun 24, 2020
46 min
PodHéroes. 1x05 Pablo Durán
O ascenso do CD Lugo a Segunda División no Carranza viviuse dende moitos prismas. Un deles correspóndelle ós xornalistas que cubriron un feito histórico para o club albivermello. É o caso de Pablo Durán, redactor de El Progreso, protagonista deste quinto capítulo de #PodHéroes, un dos nosos maiores apoios nesta aventura. Escoita, sen cortes, a conversa que mantivemos con el. 
Jun 14, 2020
55 min
PodHéroes. 1x04 Rubén García
Cuarta entrega do #PodHéroes, o podcast sobre o #DocuHéroes. Neste capítulo reproducimos de xeito íntegro a entrevista que lle fixemos a Rubén García sendo este xogador do seu Barco natal. Unha hora sen cortes sobre aquela máxima temporada 2011/2012 do CD Lugo.
Jun 7, 2020
53 min
PodHéroes. 1x03 Carlos e Iñaki Hermosilla Alaña
No terceiro capítulo escoitaredes a entrevista íntegra con dous protagonistas moi especiais... Os Hermosilla Alaña! Os árbitros daquel decisivo Cádiz - CD Lugo do Carranza. Eles mesmos quixeron sair no documental. Para eles tamén foi o partido das súas vidas.
May 31, 2020
49 min
PodHérores. 1x02 Iván González
No segundo capítulo do podcast de DocuHérores, o documental que narra o ascenso do CD Lugo a Segunda División, reproducimos a entrevista a Iván González. Ariete que non puido gozar de todos os minutos que quixera por mor das lesións. Pero sen dúbida un xogador carismático sempre disposto a dar a cara polos seus.
May 24, 2020
1 hr
PodHéroes. 1x01 Carlos Mouriz
O Documental Héroes narra o ascenso do CD Lugo a Segunda División. É un proxecto feito por tres afeccionados do club albivermello: Borja García, Xabi Piñeiro e Denís Iglesias. Este podcast nace para reproducir de xeito íntegro as conversas que mantivemos con algunhas das persoas entrevistados. No primeiro capítulo falamos con Carlos Mouriz, director deportivo daquel plantel.
May 17, 2020
1 hr 9 min