Palabras andadeiras
Palabras andadeiras
Soledad Felloza
Palabras Andadeiras 1x02: Triacastela-Sarria no Camiño Francés
34 minutes Posted Dec 21, 2020 at 9:07 am.
0:00
34:10
Download MP3
Show notes

De Triacastela a Sarria comeza a aparecer a planta máis emblemática de Galicia, o toxo. Detémonos nos valados de pedra, que nos informan do minifundio característico da paisaxe galega. Coñecemos ao matemático Vicente Vázquez Queipo e adentrámonos nun licor mítico, o Pax, da Abadía de Samos, unha das xoias deste camiño. Alí admiramos a fonte das Nereidas e rematamos escoitando unha fermosa peza do trobador medieval Martín de Padrozelos, interpretada por un grupo musical histórico de Galicia, A Quenlla.