Habitando
Habitando
Arquitectura Sen Fronteiras Galicia
Ep.34: Entre paradigmas, espazos e tempos para a vida e a educación
1 hour 2 minutes Posted Nov 30, 2020 at 5:50 pm.
0:00
1:02:04
Download MP3
Show notes
Os pasados 14, 22 e 29 de novembro celebramos a VI edición do Seminario Hábitat a Escala Humana. O seu lema axeitado a este 2020: espazos e tempos para a vida e a educación entre paradigmas. Experiencias sobre educación, os espazos e tempos para ela, os coidados, o hábitat digno e a vida digna… Sempre…,
Na nosa canle de Youtube e na nosa web atoparedes en vídeo de todas as intervencións. E a continuación, neste episodio, unha escolma dalgúns dos momentos de cada unha delas.
Moitas grazas ás relatoras e relatores nesta edición do seminario: Sara Carro Ibarra, Carlos Skliar, Judit Santos, Paulo Nogueira  e a nosa compañeira Marta Casal. Foi un privilegio contar convosco.
Créditos: Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.
- A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
- Foliada de Tenorio, Sangre de Muérdago, álbum Xuntas