Show notes
Os pasados 1 e 2 de novembro celebrouse na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela a V Edición de Playgrounds. Como final a Argallar, una exposición para xogar coa arquitectura, a asociación Ludantia coa colaboración de Proxecto Terra e a Fundación Cidade da Cultura organizo o V Encontro Internacional de Educación en Arquitectura para a Infancia e a Mocidade, dirixido a docentes, estudantes e profesionais da educación.Ideouse como un encontro con intervencións plenarias en formato debate de profesionais recoñecidos a nivel galego, estatal e internacional, agrupados en parellas ao redor de catro temas de interese e actualidade para estes colectivos específicos. Deste xeito, o encontro compleméntouse con obradoiros ao redor destas temáticas:- Arte, espazo público e participación- Transformación de espazos- Xoguetes e dispositivos lúdicos- Arquitectura na educaciónArquitectura sen Fronteiras participou na súa organización a través de Proxecto Terra. E varias persoas voluntarias achegáronse ás charlas e obradoiros. Habitando non podía perder a oportunidade, e aproveitamos para charlar con persoas da organización (Miguel Díaz), poñentes (Clara Megías e Leticia Flores, e o equipo Mico), e participantes (Lidia, mestra na Escola pública.Créditos: Todas as cancións incluídas neste episodio no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.- A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II- The Natural, The Black Penguins, álbum Take 5- Canción protesta contra as violencias machistas frente ao Pazo de Xustiza de Santiago de Chile, compartido por Manuela Tironi en Twitter

