Habitando
Habitando
Arquitectura Sen Fronteiras Galicia
Ep.27: A Vida No Centro… Tamén Na Educación
1 hour 9 minutes Posted Nov 30, 2018 at 9:06 pm.
0:00
1:09:11
Download MP3
Show notes
Os pasados 17 de outubro e 21 de novembro celebramos na Facultade de Ciencias da Educación da UDC, a V edición do Seminario Hábitat a Escala Humana, este ano baixo o lema A vida no centro… Tamén na educación. Nel falamos sobre todo de participación, inclusión e coidados.
E tamén, en concreto na segunda sesión, espuxemos o traballo realizado neste eido no Proxecto de Educación para o Desenvolvemento no que estivemos a traballar en 2017-2018, sobre todo das experiencias educativas levadas a cabo por alumnado da Facultade de Ciencias da Educación.
Na nosa canle de Youtube e na nosa web atoparedes en vídeo de todas as intervencións. E a continuación, neste episodio, unha escolma dalgúns dos momentos de cada unha delas.
Moitas grazas ás relatoras nesta edición do seminario: María Eugenia Palop, Ana Iglesias Galdo, Leticia Barbadillo, Carmen Saavedra, Javier Rouco, Raquel López, Marta Casal, Laura Cruz, Montserrat Muriano, Estefanía Mosquera e Begoña Bas, e a todo o público asistente que encheu o Salón de Graos da Facultade de CC da Educación.
Créditos: Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.
- A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
- Medianoite, Sangre de Muérdago, álbum Noite