Show notes
Segundo episodio que dedicamos a Os Comúns. Tras charlar con Fran Quiroga dende un punto de vista máis teórico, nesta ocasión unha ollada de preto á Comisión Aberta en Defensa do Común. Acompáñanos Manuel Monge, integrante desta plataforma nada para reivindicar a devolución gratuíta de diversos espazos da cidade da Coruña, que por motivos políticos e intereses diversos deixaron de pertencer a toda a veciñanza. Ligazóns de interese: Comisión aberta en Defensa do Común Contacto: comisiondefensadocomun[@]gmail.com Créditos Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons. A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II O Canto dos Busgosos, Sangre de Muérdago, álbum Lembranzas dende o Lado Salvaxe Subscrición Feed | iTunes | iVoox Contacto gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook

