Show notes
Afirma o pedagogo Francesco Tonucci que as cidades están pensadas para un modelo de persoa únicamente: un adulto, varón e traballador. Un modelo que deixa fora moitos colectivos, entre outros as nenas e nenos que desapareceron das nosas rúas. Preocúpanos o que lles poida pasar si non están vixiados. Por unha banda o problema do tráfico, e por outra o pánico a un secuestro ou algo peor. Neste episodio falamos de Hábitat e Infancia. Tomamos como referencia a obra ‘A cidade dos nenos’ de Tonucci, de lectura obrigada para quen queira profundar no tema. E por suposto tamén comentamos as novas acontecidas no pasado mes en Arquitectura Sen Fronteiras Galicia, e repasamos a axenda para decembro.Moitas gracias por escoitarnos !!!Créditos: todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.- A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II- My Lil’ Darling, Stormy Mondays, álbum The Lay Of The Land- Au coeur de toi, Josianne Paradis, álbum De Lorimier

