Habitando
Habitando
Arquitectura Sen Fronteiras Galicia
Ep.0: Habitando, o falangullo de ASF Galicia
6 minutes Posted Sep 18, 2015 at 5:49 pm.
0:00
6:04
Download MP3
Show notes
Ola mundo!
Presentámosvos Habitando, o falangullo de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia. Estamos en plena produción do que será o noso primeiro episodio, pero antes queriamos asomar a cabeza para comentarvos de que vai este novo proxecto.
Encántanos o podcasting e temos moitas ganas de contarvos quen somos, o que facemos e de que vai iso do Dereito ao Hábitat. Con Habitando pretendemos ademais manter un diálogo aberto a toda opinión, dúbida, suxestión, punto de vista ou o que se vos ocorra. Deixádenos un comentario, enviádenos un email ou mellor aínda, un audiocorreo.
Contade cun novo episodio o último venres de cada mes, o primeiro xusto unha semana despois desta presentación.
Moitas grazas por escoitarnos!
Créditos: todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons
- A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II