Fóra de Mapa
Fóra de Mapa
Fóra de Mapa
O podcast en galego que busca dar a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa
#32. Gales. Entre a adaptación e o inconformismo
A identidade de Gales é complexa como a súa historia, chea de loitas por manter a súa autonomía pero tamén de períodos nos que o pobo se adaptou ao dominio foráneo. Hoxe a identidade galesa está ben viva, pero iso non quere dicir que a súa lingua goce da mellor saúde ou que o seu autogoberno sexa sempre respectado por Londres.
Feb 7, 2023
1 hr 22 min
#31. Ucraína (III). Desde o final da Segunda Guerra Mundial até a actualidade
A nación ucraína, como calquera outro pobo, ten unha historia, lingua, cultura e literatura de seu, ademais dunha chea de dramas e traxedias como a actualidade nos está a amosar. A través de tres episodios adentrarémonos en Ucraína para entender a súa historia desde o Rus de Kíiv ata a actualidade. Nesta terceira parte falamos dos convulsos últimos 70 anos, nos que a nación ucraína logrou a súa independencia, sufriu anos de crise económica, corrupción, inestabilidade política e inxerencia rusa.
Dec 25, 2022
1 hr 29 min
#30. Ucraína (II). Desde comezos do século XIX até o final da Segunda Guerra Mundial
A nación ucraína, como calquera outro pobo, ten unha historia, lingua, cultura e literatura de seu, ademais dunha chea de dramas e traxedias como a actualidade nos está a amosar. A través de tres episodios adentrarémonos en Ucraína para entender a súa historia desde o Rus de Kíiv ata a actualidade. Nesta segunda entrega centrámonos nos tráxicos 200 anos que van desde a conquista rusa de case todo o territorio ucraíno até a IIGM. E, como a pesar da represión, división e guerras, a nación ucraína foi capaz de continuar a loitar pola súa liberdade e independencia.
Dec 17, 2022
1 hr 23 min
#29. Ucraína (I). Do Rus de Kíiv ata finais do século XVIII coa conquista rusa e austríaca
A nación ucraína, como calquera outro pobo, ten unha historia, lingua, cultura e literatura de seu, ademais dunha chea de dramas e traxedias como a actualidade nos está a amosar. A través de tres episodios adentrarémonos en Ucraína para entender a súa historia desde o Rus de Kíiv ata a actualidade. Nesta primeira entrega comenzaremos no Rus de Kíiv para chegar ata finais do século XVIII coa conquista rusa e austríaca.
Dec 8, 2022
1 hr 16 min
#28. O aragonés. Lingua de montañeses, poetas e reis
O aragonés é hoxe un idioma en perigo, falado nos vales pirenaicos da comunidade autónoma de Aragón pero conta cunha limitada protección legal. Porén, hai séculos era o idioma de reis e trobadores. Neste idioma fixéronse tratados e cancioneiros pero coa chegada da dinastía Trastámara comezou a esmorecer. Hoxe existen unha chea de iniciativas cidadás para salvagardar o idioma e divulgalo, a pesar do escaso apoio gobernamental.
Jul 26, 2022
1 hr 3 min
#27. O Rif. A rexión indómita do Maghreb
O Rif é unha rexión maghrebi historicamente marxinada. A difícil orografía e posición xeográfica dificultou a comunicación con territorios veciños e máis o seu desenvolvemento. Pero isto tamén facilitou o xurdimento dunha identidade local na que a lingua e cultura amazigh e a historia recente chea de rebelións e protestas xogan un rol fundamental.
Jun 28, 2022
39 min
#26. O romanche. A máis descoñecida das catro linguas oficiais de Suíza
O romanche é un idioma bastante pequeniño (é falado por un 0,5% da poboación suíza), algo descoñecido e limitado a áreas periféricas. Aínda así, é a cuarta lingua oficial de Suíza xunto co alemán, o francés e o italiano. Neste episodio repasamos a situación da lingua e a historia de Suíza pero centrámonos no Cantón dos Grisons, o cantón máis grande de Suíza e onde o romache é a lingua propia (falada por un 15% dos habitantes do cantón) e tamén oficial canda o alemán e o italiano.
May 24, 2022
1 hr 16 min
#25. Flandres. Unha nación sen estado pero cunha case completa autonomía
Flandres é unha nación sen estado, pero que foi capaz de defender durante toda a súa historia a súa autonomía, lingua e identidade. Hoxe Flandres e os flamencos gozan dunha importante autonomía e a lingua flamenca está completamente normalizada en Flandres, pero non sempre foi así. Durante séculos Flandres foi o territorio máis pobre e menos dinámico de Bélxica e a súa lingua vista como un dialecto de labregos. No episodio contámosvos como o pobo flamenco foi capaz tras séculos de loita, negociacións e protestas lograr un nivel envexable de autogoberno.
May 2, 2022
1 hr 46 min
#24.2. O irlandés (II). Entrevista con Lucía Atencia e Andreas Vogel, residentes no Gaeltacht de Connemara
Episodio extra, continuación do anterior no que falamos do irlandés. Nesta ocasión falamos con Lucía Atencia, unha galega afincada en Irlanda, profesora de primaria que imparte en irlandés e que ademais foi correctora da versión galega de A boca pobre, o libro de Flann O'Brien. E ademais, como xa bonus track, tivemos a posibilidade de falar coa súa parella, Andreas Vogel, un alemán que fala tamén irlandés e que traballa como técnico de normalización lingüística do irlandés e que como escoitaredes, fala galego moi ben. Os dous residen no Ghaeltacht de Connemara.
Apr 18, 2022
42 min
#24. O irlandés. Un idioma con estado propio que resiste a pesar da hexemonía do inglés
O irlandés é o idioma nacional e oficial na República de Irlanda e está protexido en Irlanda do Norte. A pesar de que é un idioma con estado de seu e de que foi quen de sobrevivir nos últimos séculos, segue en risco de morte. Neste episodio falamos de como o irlandés pasou de ser o idioma principal da illa a ser só falado por pouco máis dun 1% da poboación. Ademais tamén tratamos o impacto negativo das políticas lingüísticas de baixa intensidade en situacións de asimetría entre 2 idiomas e o rol que os neofalantes poden chegar a ter pra salvar a lingua irlandesa.
Apr 8, 2022
1 hr 4 min
Load more