Dominio
Dominio
Raquel Couto Antelo
Esta é a apaixoante historia dun Dominio en busca das súas orixes nunha viaxe trepidante na que contará ca axuda do investigador que era tan bo que todos dicían que era Lapolla, da estilosa Señorita New Look e ata, quen o diría, do malvado malvadísimo Doutor tcp/ip
Capítulo 8
Dinámico delega na súa man dereita Mr. Llollovic o seu mando do seu imperioBollicaoslain, para adicarse por uns días á investigación da desaparición de Mariposa* (a nosa japiflauer favorita e membra das Ánxeles de Charlitas), porque estaba moi preocupado porque se converteran, tras anos de coincidir nos campionatos de flallincaps, en... xa me entendedes e o Investigador non daba feito.
Nov 21, 2022
20 min
Capítulo 7
As Ánxeles de Charlitas (a Lideresa do sector_a (a nosa radical favorita), Mariposa* (a nosa japiflauer favorita)e Poppy (a nosa executiva de alto nivel)), a estilosa Señorita New Look e Juindouskispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo) poñen rumbo ás Vegas ca intención de pasar un día divertido e desconectar da vida estresante de salvadoras da humanidade.
Nov 14, 2022
18 min
Capítulo 6
O Investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) recibe a chamada dun Yeti alarmado ante a misteriosa desaparición da Lideresa do sector_a (a nosa radical favorita); mentres, Dominio pulsa con decisión o timbre da porta do piso do malvado Doutor TCP/IP.
Nov 7, 2022
20 min
Capítulo 5
Juindouskispé (a nosa libertadora de loiramelenapanténporquellolovalgo) lembrará, despois dunha agradable conversa con Timofónica, que se distanciara del cando tivera que enfrontarse ó famoso Monstro das sete caras para intentar liberar ós escravos (cachimáns) que traballaban día e noite na mina que este tiña en Juan Flórez.
Oct 31, 2022
23 min
Capítulo 4
Mariposa* e a Lideresa do Sector_a (a nosa radical favorita) deciden unir forzas para tratar de descifrar o misterio da desaparición de Dominio, porque ADSLPP (o contacto do investigador en Beijing) chama ó Investigador para comunicarlle que o seu axudante, Fr, fora buscala ó hotel coma decote e non a atopara.
Oct 24, 2022
24 min
Capítulo 3
Dominio viaxa a Beijing para atoparse co contacto do Investigador, ADSLPP, a ver se lle bota unha man co das súas orixes. Ó mesmo tempo en Crawdford investigueixons, contratan unha nova axudanta Mariposa* (a nosa japiflauer favorita) porque Crawdford, que emigrara a unha illa do Caribe mentras non se calmasen as cousas cá muller de yorxcluni e poidesen vivir o seu amor libremente, aínda non volvera.
Oct 17, 2022
23 min
Capítulo 2
Dominio acude á antiga fábrica da Revoltosa no Polígono da Grela para intentar rescartar o despistado Doutor Zyxel 650 que estaba en mans do malvado Doutor TCP/IP. O rescate conclúe con éxito e ó chegar ó despacho, o Investigador (que era tan bo que todos dicían que era lapolla, pero que eu son tan fina que non vou repetir semellante cousa) proponlle un novo caso.
Oct 10, 2022
24 min
Capítulo 1
Dominio é rescatada no último segundo dun destino fatal, traída á súa terra natal onde medrará tranquilamente e alcanzando a maioría de idade sinte a necesidade de buscar as súas raíces para comezar a súa vida adulta, para iso contactará cun investigador que é tan bo que todos din que é...
Oct 2, 2022
27 min