Como que non?
Como que non?
Radio Galega
Como que non?
FIN DA 5G
Carlos Tresandí e todo o seu equipo levan o último COMO QUE NON?! da tempada 5G ata o lugar que os viu nacer: The City Vigo coa volta do PÜBLICO EN DIRECTO. Alí recibirán a monologuista Carla Mañas como convidada, Iago Gordillo e Belén Vara concursarán por alzarse coa vitoria da GRAN FINAL do CONCURSO 5G. A música en directo correrá a cargo de OS TAPACONAS que nos presentan varias cancións do seu repertorio blueseiro en galego coa participación de Miriam Rodríguez como cantante convidada. Ademais estará Pepe Capelán velando porque o programa siga o seu ritmo canónico. Fran Rodríguez ofrécenos o último Museo Mutante da temporada, Dani Lorenzo fai un adíanto do que será o Mundo Paquitof na sexta temporada do programa, Fernando RqR terá unha nova edición de O Camaleón e Alejandro Martínez "Pini" ofrecerá unha nova análise de Efemérides Aleatorias. Todo isto e moito máis en dúas horas e media de programa especial. E que ninguén se preocupe! Voltamos en setembro coa nova temporada do CQN en Radio Galega Podcast!"
Aug 22, 2022
2 hr 34 min
A PENÚLTIMA
No Episodio 39 da 5G do COMO QUE NON?! volve Adela Bértolo ao programa para concluír a súa participación de hai meses xogando no Concurso 5G. Ademais ofrecemos un Museo Mutante moi especial ao noso compañeiro Fran Rodríguez, que se atopa en Honduras. Cada membro do equipo trouxo unha xoia da súa colección para poñela en común con Fran e a nosa audiencia. Alejandro Martínez "Pini" volve coa penúltima Efeméride Aleatoria da tempada e a nota musical corre a cargo da cantante Anahí que nos interpreta EN RIGOROSO DIRECTO "Mientes". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.
Aug 15, 2022
1 hr 3 min
PREMIOS DARWIN
No Episodio 38 da 5G do COMO QUE NON?! remata a participación de Álex Fidalgo (do podcast Lo Que Tú Digas) nesta 5G. Intervirá xunto ao resto do equipo nun Mundo Paquitof de Dani Lorenzo, no que se falará dos Premios Darwin. Fernando RqR realizará a penúltima sección do Camaleón da tempada. Teremos unha nova efeméride aleatoria de Alejandro Martínez "Pini" e Pepe Capelán e Fran Rodríguez seguirán atentos á evolución do programa para apuntar o que sexa mester. A nota musical corre a cargo da cantante Anahí que nos interpreta EN RIGOROSO DIRECTO "Someone like you". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.
Aug 8, 2022
1 hr 5 min
UN CAOS
No Episodio 37 da 5G do COMO QUE NON?! volve Álex Fidalgo do podcast Lo Que Tú Digas para enfrontarse ás preguntas do Concurso 5G. Teremos unha nova edición do Museo Mutante con Fran Rodríguez amosándonos unha peza baseada na mítica película "They Live!". Unha nova efeméride aleatoria da man de Alejandro Martínez "Pini" e Fernando RqR, Dani Lorenzo e Pepe Capelán. A nota musical tráea hoxe a cantante Anahí que interpreta EN DIRECTO unha versión do tema "Corre". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.
Aug 1, 2022
1 hr 3 min
FIDALGO RULES!
No Episodio 36 da 5G do COMO QUE NON?! o gran Álex Fidalgo do famoso podcast Lo Que Tú Digas acompáñanos e vai enfrontarse ao reto proposto por Carlos Tresandí. Teremos unha edición moi especial do CCC de Pepe Capelán que, excepcionalmente, se vai denominar CFC. Fran Rodríguez, Fernando RqR, Dani Lorenzo e Alejandro Martínez "Pini" achegarán todos os comentarios que se lles ocorran durante o programa e teremos un cameo de Popó Capelín! A música do programa correrá a cargo de It´s Soul & Wannadee, que nos interpretan en directo o tema "Casi". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.
Jul 26, 2022
57 min
AMISTADES BAILA SOA
No Episodio 35 da 5G do COMO QUE NON?! estamos coa resaca do programa 200 coa visita de Iago Gordillo de Recuncho Gamer. Conseguirá facer historia no programa 200? Alejandro Martínez "Pini" continua coas súas Efemérides Aleatorias. En Mundo Paquitof, Dani Lorenzo analiza as rupturas de Amistades Peligrosas e Ella Baila Sola. Fernando RqR volve cun novo Camaleón proposto hai tres episodios por Sabela Hermida. Na sección dos Todólog@s, a audiencia pídenos que decidamos entre pelis de superheroes ou westerns e no espazo musical, It´s Soul & Wanadee interprétannos en DIRECTO "La Llorona". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.
Jul 18, 2022
58 min
PROGRAMA 200
No Episodio 34 da 5G do COMO QUE NON?! celebramos os 200 programas do COMO QUE NON?! coa visita de Iago Gordillo de Recuncho Gamer que vai tentar clasificarse para a gran final do noso Concurso 5G. Conseguirá facer historia no programa 200? Alejandro Martínez "Pini" analizará unha nova efeméride e Fran Rodríguez abre un novo Museo Mutante amosándonos unha minitura a escala dunha icona para moitos dos rapaces dunha xeración: o Batman de Adam West. Pepe Capelán, Fernando RqR e Dani Lorenzo vannos acompañar na celebración do ducentésimo programa e It's Soul & Wanadee van poñer a nota musical interpretándonos o seu tema "Honey". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.
Jul 11, 2022
57 min
RECUNCHO GORDILLO
No Episodio 33 da 5G do COMO QUE NON?! visítanos Iago Gordillo de Recuncho Gamer como antesala do programa 200 do COMO QUE NON?! Trae o seu trebello e faremos unha sección moi especial coas achegas de todo o equipo. Alejandro Martínez "Pini" ten Efeméride Aleatoria, Carlos Tresandí falará cun espírito oriental saído dunha rocha, Dani Lorenzo contará unha anécdota relacionada cunha teima de Fran Rodríguez. Pepe Capelán estará atento á colocación dos pronomes por parte de Fernando RqR e a música en directo volve correr a cargo dos enormes Le BarLuthier que, nesta ocasión, contan coa inestimable colaboración do noso director Carlos Tresandí que lles vai botar unha man facendo a voz do clásico "Under my Skin". Todo isto na antesala do programa 200!
Jul 6, 2022
58 min
Os Razzies
" No Episodio 32 da 5G do COMO QUE NON?! remata a visita de Sabela Hermida ao programa participando nuns Todólog@s nos que nos preguntan por que nonguén sae ben nas fotos de carnet . Dani Lorenzo ofrécenos no seu Mundo Paquitof unha análise sobre os Premios Razzie! Alejandro Martínez "Pini" analiza outra Efeméride Aleatoria. Fernando RqR vai facer o seu Camaleón... POR TELÉFONO! Fran Rodríguez e Pepe Capelán continuan dando apoio loxístico nos momentos que sexan necesarios. A música en directo volve correr a cargo dos enormes Le BarLuthier que hoxe nos presentan o tema "Oh Marie!". Dirixe e presenta Carlos Tresandí"
Jun 27, 2022
56 min
TUTMOSIS III
No Episodio 31 da 5G do COMO QUE NON?! volve Sabela Hermida ao programa para xogar ao Concurso 5G. Fran Rodríguez abre as portas do Museo Mutante para presentarnos unha obra de arte moi especial. E esta vez falamos dun libro espectacular! Alejandro Martínez "Pini" analiza unha nova Efeméride Aleatoria. Dani Lorenzo en Pepe Capelán estarán atentos ás evolucións do programa para aportar o que sexa preciso en calquera momento. Fernando RqR segue sen aparecer; volverá dar explicacións? A música en directo corre a cargo dos nosos amigos de Le Bar Luthier interpretando en directo "Me has enamorado". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.
Jun 20, 2022
55 min
Load more