
O' Pablo decidiu traer un debate á mesa. Un dos escritores máis famosos do mundo. Un fenómeno cultural indubidable. Alta cultura pop ou cultura de masas sen máis? Repasamos a vida do escritor estadounidense e os seus universos. Escribindo tres novelas ó ano, temos bastante do que charlar. Tamén xogamos ás adiviñanzas. Que máis queredes? Pensamento lateral, misterioso e oscuro, para tod@s. O pracer é noso!
Dec 29, 2023
1 hr 33 min

O' Roi trae un macguffin que tedes que descubrir escoitando o programa. O que é seguro é que relatamos dous roubos famosos, para dar un previo atractivo á súa sección. Falamos da relevancia do personaxe creado por Maurice Leblanc. Navegamos tamén polo mundo das súas adaptacións. Información, entretemento, recomentacións, debate…todo xunto aquí na vosa “pérdida de tempo”
Dec 15, 2023
1 hr 26 min

Falamos dun videoxogo que marcou a moita xente neste 2023: Hogwarts Legacy. O’Lois, que xogou unha boa cantidade de horas, decidiu analizar un pouco polo miúdo este fenómeno. Non só de ventas, tamén para a comunidade potteriana, que non é pequena. Forza nostálxica ou algo máis? O’Roi e O’Pablo cóntannos dos seus obxetos máxicos favoritos, tamén temos un xogo sobre o propio xogo…un mundo de cousas! E non só máxicas! Acompañádenos ;).
Dec 1, 2023
1 hr 28 min

O’Roi quixo desta volta traernos unha serie que é varias cousas á vez: un documental, un reality e unha ficción. Si, todo xunto. Falamos tamén doutros temas que saen a raíz disto: os Mockumentary, diferentes noticias que teñen que ver cos xuízos. Moita cousa, acorde co ben que o pasamos contándoas.
Nov 17, 2023
1 hr 17 min

Fogóns. Ritmo. Unha das series favoritas dos últimos tempos. O’Lois tráenos unha viaxe a través desta ficción protagonizada por Jeremy Allen White. Analizámola, así de relax e con cariño. Aproveitamos, os tres procastinadores, para charlar de alta cociña, estrés e outras divagacións. Vide cear con nós por aí!
Nov 3, 2023
1 hr 22 min

Desta volta, O’Pablo quixo profundizar nunha das familias máis coñecidas dentro do entretemento ibérico: os Aragón. Aproveita tamén para darnos máis contexto previo do mundo circense. Enlazando coa temática, tamén charlamos sobre pallasos máis…escuros. Viaxe completa a pasados do mundo clown!
Oct 20, 2023
1 hr 11 min

Perder o tempo tamén pode ser debatindo. Os temas serios sonche boa fonte de intensos e “inútiles” divagares. Rifkin é un ensaísta tan polémico como prestixioso. Neste caso, Lois vaise centrar en falarnos do libro La era de la Resilencia. Vaia, imos falar da sociedade e eses temas potentes. Neste programa somos de variar, xa sabedes.
Oct 6, 2023
1 hr 14 min

O Baldur’s Gate está sendo unha revolución no mundo do gaming. Roi, quere aproveitar para explicarnos as orixes…irnos cara atrás e falar de como e cando comezou ese mundo do Dangeons and Dragons. Fai retrospectiva, e tamén máis alá. E, por suposto, doses do noso espíritu relaxado e absurdo para acompañar.
Sep 22, 2023
1 hr 18 min

Retornamos actividade! Abrimos o programa cun variado de noticias (algunhas reais e outras non tanto). A tempada comeza coa sección de Pablo. Tráenos unha serie de recomendacións e análises literarias moi variadas. Tamén falamos do noso claro, ese perder o tempo vario pinto. Seguimos co orgullo ProcastiNoso!
Sep 8, 2023
1 hr 7 min

Viaxamos á adolescencia de O’Pablo. A ese momento onde xa o neno comeza a ser un home, e quere aprender as sensacións de liberdade. Dulcificacións a parte, neste episodio (derradeiro da tempada 🥲) falamos da importancia que tivo o American Idiot de Green Day na súa carreira musical. Poñemos contexto, escoitamos temas, unha viaxe con este grupo que marcou a tanta xente. E a ti? Procastinade con nós! Que non hai multas.
Jun 30, 2023
54 min
Load more
