Audiocontos para novos tempos
Audiocontos para novos tempos
Ademar Silvoso
O actor Ademar Silvoso ofrécenos nesta mini-serie cinco audiocontos e unha sesión de meditación para nenas e nenos que poderán desfrutar sós ou en compaña de adultos. Trátase, segundo salienta Política Lingúística, de “historias narradas cunha linguaxe clara, cargadas de fantasía e mais dun trasfondo educativo de novos valores, tales coma a integración en diversidade funcional, as frustracións na aprendizaxe, novos modelos familiares, mesmo problemas cotiáns aos que se enfrontan os cativos nas escolas ou na procura da súa identidade”. Este proxecto realizouse para o repositorio Tece Redes en galego ao abeiro do Fondo de Proxectos Xacobeo 21-22 en colaboración co Ministerio de Cultura e Deporte.
06 Medita e respira
Meditación guiada en galego para axudar a calmar aos besbellos. Pode ser escoitada por eles mesmos ou na compaña dos maiores. Do mesmo xeito é unha ferramenta que pode ser aproveitada no ámbito da educación. Escrito por ADEMAR SILVOSO Dirección e Produción ABEL BONILLA Gravación e posprodución ARAMÍS BENÍTEZ Deseño sonoro ABEL BONILLA Corrección lingüística PATRICIA TORRADO Unha produción de ODS PRODUCIÓNS Este proxecto realizouse para o repositorio Tece Redes en galego ao abeiro do Fondo de Proxectos Xacobeo 21-22 en colaboración co Ministerio de Cultura e Deporte.
Jan 17, 2023
8 min
05 Ézaro é libre
Sei que pasarás apuros e que atoparás o xeito de desenvolverte no perigo, pero quero que recordes isto. Vaias a onde vaias, deixa o lugar mellor do que o atopaches. Cada unha das accións que lles fagas aos demais que non sexa menos do que quixeras que fixesen por ti. Recorda quen es e atopa en quen te queres converter. E cando regreses, cóntame todo canto descubriches neste mundo. COAS VOCES DE: ADEMAR SILVOSO, AMAL GONZÁLEZ, BALVINO DOVAL, BENITO OJEDA, CORA SILVOSO, GLAU FONSECA, LUCÍA ABAL, LUIS IGLESIA, MANUEL POMBAL, MANUEL TORRES, PALOMA SAAVEDRA, ROBERTO CASAL ROCÍO ROMERO, ROSA FIEL, SABELA SALGUEIRO E ÓLIVER SILVOSO. Escrito por ADEMAR SILVOSO Dirección e Produción ABEL BONILLA Gravación e posprodución ARAMÍS BENÍTEZ Deseño sonoro ABEL BONILLA Corrección lingüística PATRICIA TORRADO Unha produción de ODS PRODUCIÓNS Este proxecto realizouse para o repositorio Tece Redes en galego ao abeiro do Fondo de Proxectos Xacobeo 21-22 en colaboración co Ministerio de Cultura e Deporte.
Jan 17, 2023
21 min
04 A lenda da pirata sen medo
Iria tremía co medo. Toda unha vida fuxindo do perigo e agora era el quen petaba na súa porta. Pero, sabedes? Hai ocasións nas que sentimos tanto medo que é preciso facer algo con el. Utilizalo no noso favor e convertelo en valor. COAS VOCES DE: ADEMAR SILVOSO, AMAL GONZÁLEZ, BALBINO DOVAL, AMAL GONZÁLEZ, CORA SILVOSO, LUCÍA ABAL, LUIS IGLESIA, MANUEL POMBAL, MANUEL TORRES MARÍA PORTELA, PALOMA SAAVEDRA, ROBERTO MARIÑO, ROCÍO ROMERO ROQUE PORTELA, ROSA FIEL, SABELA SALGUEIRO E ÓLIVER SILVOSO. Escrito por ADEMAR SILVOSO Dirección e Produción ABEL BONILLA Gravación e posprodución ARAMÍS BENÍTEZ Deseño sonoro ABEL BONILLA Corrección lingüística PATRICIA TORRADO Unha produción de ODS PRODUCIÓNS Este proxecto realizouse para o repositorio Tece Redes en galego ao abeiro do Fondo de Proxectos Xacobeo 21-22 en colaboración co Ministerio de Cultura e Deporte.
Jan 17, 2023
13 min
03 A grande aventura do bosque máxico
Escoita con atención, rapaz. As cousas hai que tentalas. Moitas veces non sairán ben, e outras acadarás o éxito. Pero está na túa man esforzarte. Xamais perdas a confianza en ti mesmo. COAS VOCES DE: ADEMAR SILVOSO, CORA SILVOSO, LUIS IGLESIA, MANUEL POMBAL, PALOMA SAAVEDRA, ROCÍO ROMERO, ROSA FIEL E ÓLIVER SILVOSO Escrito por ADEMAR SILVOSO Dirección e Produción ABEL BONILLA Gravación e posprodución ARAMÍS BENÍTEZ Deseño sonoro ABEL BONILLA Corrección lingüística PATRICIA TORRADO Unha produción de ODS PRODUCIÓNS Este proxecto realizouse para o repositorio Tece Redes en galego ao abeiro do Fondo de Proxectos Xacobeo 21-22 en colaboración co Ministerio de Cultura e Deporte.
Jan 17, 2023
17 min
02 De cando Xanciño non quixo camiñar
E así foi como Xanciño descubriu que non precisaba do colo. E aínda que ás veces pedíalle ao seu pai que o subise nos ombreiros, xamais se volveu negar a camiñar polo seu propio pé. Eu hai tempo que non sei del. Algúns din que se fixo aventureiro. Outros que se foi quen de facer o Camiño de Santiago para recadar cartos para nenos con dificultades. A min gústame crer que o fixo todo. COAS VOCES DE: ADEMAR SILVOSO, BALBINO DOVAL, CORA SILVOSO, LUCÍA ABAL, LUIS IGLESIA, MAEL AMIL, MANUEL POMBAL, PALOMA SAAVEDRA, ROCÍO ROMERO ROSA FIEL, SABELA SALGUEIRO, SILVANA SILVOSO E ÓLIVER SILVOSO Escrito por ADEMAR SILVOSO Dirección e Produción ABEL BONILLA Gravación e posprodución ARAMÍS BENÍTEZ Deseño sonoro ABEL BONILLA Corrección lingüística PATRICIA TORRADO Unha produción de ODS PRODUCIÓNS Este proxecto realizouse para o repositorio Tece Redes en galego ao abeiro do Fondo de Proxectos Xacobeo 21-22 en colaboración co Ministerio de Cultura e Deporte.
Jan 17, 2023
20 min
01 A maxia de Aloia
No mundo hai moita xente que non cre na maxia, pero se prestas atención e lle botas imaxinación, poden acontecer cousas inexplicables. Quen sabe! Se cadra, algún día coñecedes unha nena moi calada que vos pode demostrar que a maxia... EXISTE. COAS VOCES DE: ADEMAR SILVOSO, CORA SILVOSO, PALOMA SAAVEDRA, ROCÍO ROMERO, ROSA FIEL, SABELA SALGUEIRO E ÓLIVER SILVOSO Este proxecto realizouse para o repositorio Tece Redes en galego ao abeiro do Fondo de Proxectos Xacobeo 21-22 en colaboración co Ministerio de Cultura e Deporte.
Jan 17, 2023
11 min