Zeta
Zeta
Radio Galega
O toque galego de Bruxelas e algún xogo de mesa mentres escoitamos música en euskera ou catalán
1 hour 2 minutes Posted Nov 7, 2022 at 11:31 am.
0:00
1:02:20
Download MP3
Show notes
Diario Cultural Zeta 3x09: Viaxamos ata Bruxelas con Cristina Amosa, que no 'Máis alá do Padornelo' pinta algo de cor unha cidade que parecía gris. E non abandonamos a diversidade cultural, porque traemos un monte de recomendacións de música, podcast e creadoras de contido en euskera ou catalán. Con Marta Coira, cambiamos os videoxogos por xogos de mesa clásicos e modernos. No capítulo das colaboracións, Ana Abad preséntanos o performer e artista multidisciplinar Nelu Vermouth, e Sara Donoso achéganos á asociación Artefacto da man de Iris Justo e Antía Encisa.