
Despois dun pequeno parón volvemos cun novo episodio para entretervos. Nesta ocasión Carlota, Vanesa e Samuel falan do entroido de Galicia e o que fixemos no noso colexio.
Apr 9, 2020
9 min

E seguimos co noso proxecto “Un mundo de galegas e galegos” no apartado de deportistas. Nesta ocasión entrevistamos a Alex Vidal, campión paraolímpico, antes da súa viaxe a Xapón 2020. Estivo polo noso centro a falarnos e ensinar o seu deporte: o taekwondo. Un fantástico deportista e estupenda persoa.
Mar 8, 2020
14 min

Hai pouco celebrouse o día de Rosalia de Castro e Martín, Antía, Mateo e Víctor adican este episodio a falar da nosa escritora ilustre. Acompañado de música de Luz Casal, Carlos Núñez e Lucía Pérez.
Mar 1, 2020
21 min

Volvemos con forza nesta terceira tempada. Un episodio longo adicado ao proxeto que estamos a traballar no noso centro;"Un mundo de galegas e galegos" e nesta ocasión dos inventores. Ademáis incluímos unha entrevista con Juan Varela, mestre do noso cole.
Feb 24, 2020
19 min

Para rematar esta tempada acabamos cun conto de María Victoria Moreno chamado Mariquiña e o lobo que é interpretado por María, Rubén, Martina e Miguel. Que xeito tan bo de finalizar este curso, esperamos que vos guste.
Jun 15, 2018
6 min

Nesta ocasión Carlota, Candela, Pablo e Iago falan sobre a primeira experiencia no mundo do robtos: o que fixemos, como o fixemos e todo o que nos gustou. Esperamos que tamén vos guste este episodio sobre robótica.
Jun 15, 2018
3 min

Seguimos coas celebracións e Laura, Alex, Yanire e David fanlle unha entrevista a Santi Pazos profesor do noso centro no curso 1977 /1978 co gallo da celebración do 40 aniversario do colexio. Falan de moitas cousas e como cambiou ou non a nosa escola. Esperamos que vos guste.
Jun 1, 2018
10 min

Nesta semana do día das letras galegas 2018 Leo, Darío, Antón e Marcos seguen a falar de María Victoria Moreno Márquez e da súa obra con lecturas incluídas. Esperamos que vos guste.
May 18, 2018
6 min

Acércase a data de celebración do día das Letras Galegas e este ano 2018 adícase a María Victoria Moreno Márquez e Iris, Lorena, Alex e Ozara contannos moitas cousas sobre a súa vida.
May 11, 2018
6 min

Carlos, Iago, David, Noah e Xabi falan de Star Wars, que foi o motivo co que fomos disfrazados este ano no Entroido. A coincidencia de cumprir tamén 40 anos, como o noso cole, sirve para falar un pouco sobre esta saga de películas.
Apr 25, 2018
Load more